Co fin de garantir a seguridade xurídica no eido do urbanismo, facilitar a tarefa da aplicación da normativa urbanística aos operadores técnicos e xurídicos, especialmente, do eido municipal e, en base aos principios de colaboración e cooperación entre administracións públicas regulados na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, no respecto ao principio de
autonomía municipal, adóptase esta circular en coordinación cos Colexios de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de Galicia e co Colexio Notarial de Galicia e logo do informe favorable da Comisión Permanente da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo.